miércoles, 30 de enero de 2008

Libros del Mes

* Anxos en tempos de chuvia - Autor : Miguel Vázquez Freire

* A noite da raiña Berenguela - Autor : Xose A. Neira Cruz

1 comentario:

FONSO dijo...

Ola a todos os coruxeiros lectores. Son Fonso e vou facer un breve comentario sobre o libro ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA.
É un libro interesante que toca temas como a relixión, o galeguismo, a droga, a incomunicación, a música, os prexuízos... sen grandes ambicións, pero cunha forma de presentalos moi interesante para os adolescentes. Non se mete en grandes profundidades e é fácil de ler. Máis da metade do libro ten forma de diario. O diario está escrito por unha rapaza que morreu nun accidente de coche con outros dous amigos e é o irmán quen o descobre no seu cuarto.
Ademais todos os personaxes, tanto os dous protagonistas vivos, como os rapaces que aparecen no diario, sofren unha evolución, medran como personaxes, non son os mesmos ao comezo do libro e ao final.
O narrador escribe en segunda persoa, moi rara, pois o normal é atopar narradores en primeira ou terceira persoa. É un narrador personaxe que só aparece como tal ao final do libro.
A acción preséntase como unha investigación que seguen dous rapaces para descubrir o que realmente pasou esa noite do accidente mortal.
É un bo libro de lectura para rapaces de instituto.
Saúdos e até a próxima.